ESCUDO-1300x400-01
Primeiro Equipo

Cinco xogadores celestes presentan problemas físicos tralo partido ante o Elche

RC Celta

O partido do pasado domingo no Martínez Valero deixou un reguero de lesións no RC Celta, con ata cinco futbolistas con problemas físicos. Os servizos médicos do club detallaron hoxe a situación dos xogadores celestes que acabaron o encontro con diferentes dolencias.

No caso de Brais Méndez, que non puido acudir á convocatoria da Selección Española por mor da súa lesión, sofre unha contusión e esguince grado I-II lateral externo no nocello dereito e durante uns días non poderá realizar adestramentos no campo. A súa evolución determinará o tempo de inactividade.

Néstor Araujo sufriu unha contusión no nocello esquerdo e xa viaxou coa súa selección nacional. O xefe dos servizos médicos do club celeste, Juan José García Cota, xa se puxo en contacto co seu homólogo do combinado mexicano para informarlle sobre esta eventualidade

Pola súa banda, Renato Tapia presentou unha sobrecarga muscular en ambos xemelgos e tamén estará a disposición da súa selección nacional. García Cota informou ao responsable médico de Bolivia do estado do centrocampista celeste.

O central Jeison Murillo sufriu no encontro unha sobrecarga-contractura nos isquiotibiais dereitos e valorarase si é necesario realizarlle unha ecografía nos próximos días en función da súa evolución.

O dianteiro Nolito sufriu unha contusión no dorso do pé dereito a causa dun plantillazo e durante os próximos días deberá limitar os golpeos de balón.

 

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas