Boa noticias na enfermaría celeste. O dianteiro Claudio Beauvue recibiu este luns a alta médica tras completar o adestramento xunto ao resto dos seus compañeiros. O ariete sufriu unha rotura no menisco do seu xeonllo esquerdo hai pouco máis de dous meses.
Doutra banda, Denis Suárez sufriu na sesión matinal deste luns un pinzamiento posterior no seu nocello dereito e adestrará de maneira individual os próximos días. Ademais, as probas realizadas a Hugo Mallo non evidencian alteracións no diagnóstico inicial e o capitán celeste manterá o adestramento individual dous/tres días. Pola súa banda, David Juncà reiniciou o adestramento parcial co grupo.
Iván Villar, Sergio Álvarez e Jorge Sáenz continúan cos seus respectivos procesos de recuperación.