Primeiro Equipo

Claudio Beauvue, segundo reforzo invernal do Celta

RC Celta

beauvueA170116.jpg

 

O atacante Claudio Beauvue xa é xogador do Real Club Celta tras superar a revisión médica e asinar o seu contrato xunto ao presidente Carlos Mouriño na sede social de Praza España. Beauvue, procedente do Olympique de Lyon francés, será futbolista celeste as próximas 5 tempadas e media.

 

Claudio Beauvue (1988, Guadalupe) é un dianteiro que se desenvolve con soltura tanto pola banda como polo centro do ataque. A tempada pasada destapouse como un goleador no Guingamp de Líguea 1 francesa, club no que ofreceu un gran rendemento tanto en Liga e Copa como na Europa League. Con experiencia tamén na Champions League, Beauvue caracterízase pola súa velocidade, verticalidad e poderoso xogo aéreo.

 

De nacionalidade francesa, Beauvue é internacional coa Selección de Guadalupe. A súa presentación terá lugar este luns 18 de xaneiro ás 17:00h no Estadio de Balaídos.

 

beauvueB170116.jpg

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas