Malas noticias no parte médico. O dianteiro Claudio Beauvue foi sometido a unha resonancia magnética que confirmou que sofre unha rotura no menisco do seu xeonllo esquerdo. O ariete celeste será intervido nos próximos días. Pola súa banda, Rafinha sofre gastroenterite e hoxe gardou repouso domiciliario por prescrición médica. Hugo Mallo completou con normalidade o adestramento co grupo.