Claudio Giráldez compareceu ante os medios de comunicación tras facerse oficial a ampliación do seu contrato co Celta ata o ano 2028. Acompañado de Marián Mouriño, presidenta do Celta; e de Marco Garcés, director de Fútbol do club; o técnico celeste mostrou o seu orgullo “por seguir crecendo no club da miña vida, todo o que fago é por e para o Celta“.
Ademais, agradeceu a confianza posta nel destacando que “xerar un proxecto non é gozar dos bos momentos como os que estamos a vivir, senón en crer nunha forma de facer as cousas“.
Para terminar, non se quixo esquecer de ningún integrante nin do seu corpo técnico nin do plantel celeste e, por suposto, tivo unhas bonitas palabras dirixidas a toda a afección, “grazas polo respecto, cariño e confianza que sento cada día“.
Dálle ao PLAY e non te perdas as súas declaracións completas!