O RC Celta quere reiterar, desde a máis absoluta tranquilidade e tras unha pausada reflexión, o seu absoluto desconcerto e malestar pola arbitraxe sufrida este sábado ante o Getafe, que ofreceu decisións totalmente incomprensibles.
O club pregúntase se unha actuación arbitral como a do pasado sábado pode quedar no olvido sen un mínimo de reflexión e análise por parte dos implicados e se a súa gravidade non é maior, se cabe, dada a mala ou nula utilización de elementos de apoio e corrección como o VAR.
O club pregúntase qué criterio pódese aplicar para sinalar penalti de Hugo Mallo e por qué o colexiado non foi advertido desde o VAR do seu manifesto erro.
O RC Celta pregúntase se nunha xogada tan axustada como a do fora de xogo sinalado a Hugo Mallo no segundo gol celeste é suficiente unha revisión de tres minutos a través do VAR cando anteriormente ante a dúbida non se sinalaba fora de xogo. ¿Por que non se mostraron as liñas e nun partido posterior sí se fixo?.
Pregúntase ademais por que o colexiado non sinalou ningunha das infraccións, algunhas máis que evidentes, que sufriu Maxi Gómez e despois o dianteiro sufriu as dúas amarelas máis rápidas da historia desta competición.
O club pregúntase por que nin o árbitro nin o VAR foron capaces de ver a clara man dentro da área de Flamini na segunda metade. ¿Como é posible que esa xogada, clara e determinante, pasáselles desapercibida?.
A revisión das xogadas decisivas do partido non fai se non ratificar a postura do RC Celta, que foi prexudicado de maneira incomprensible, en especial cando a arbitraxe dispón de elementos técnicos como o VAR para emendar erros claros e manifestos como os sufridos polo equipo celeste.