FerLopez-1 (1)
Primeiro Equipo

Comunicado do RC Celta

RC Celta

Ante as noticias xurdidas nos últimos días en diferentes medios de comunicación e o debate suscitado nas diversas redes sociais sobre a fichaxe do xogador Fernando López González polo Wolverhampton, nalgúns casos con mensaxes inapropiadas e insultantes, o RC Celta quere en primeiro lugar agradecer o comportamento que tivo o futbolista co club en todo momento. Fer López forma parte da canteira celeste desde a Categoría de Benxamín, e desde o día no que ingresou nas categorías inferiores comportouse de maneira exemplar cos seus compañeiros, corpos técnicos e rivais, defendendo con orgullo o escudo e os valores deste club.

En segundo lugar, o RC Celta quere destacar que, aínda que a intención inicial do xogador non era abandonar o club este verán, xurdiu unha oferta da Premier League que colmaba as expectativas de todas as partes, que en todo momento foron da man en busca dun acordo beneficioso para todos.

As portas do club sempre estarán abertas para un xogador, celtista de corazón, que emprende un novo camiño como fixeron tantos outros canteiráns, que alá onde foron sempre mostraron un gran orgullo e agarimo polo club no que creceron.
Fer López sempre será un dos nosos.

Sorte, Fernando.

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas