Celta-Córdoba o sábado 31 de xaneiro e R.Sociedad-Celta o sábado 7 de febreiro, ambos ás 22:00h
A Liga de Fútbol Profesional confirmou os horarios das xornadas 20 e 21 da Liga BBVA-Primeira División. O RC Celta recibirá ao Córdoba CF o sábado 31 de xaneiro ás 22:00 horas en Balaídos e medirase á Real Sociedad o sábado 7 de febreiro, tamén ás 22:00 horas, no Estadio de Anoeta.