O Celta afronta con ilusión o encontro ante o Ourense de “Xuntos contra o lume”, un partido moi especial no que a canteira celeste e galega terá un papel protagonista. O corpo técnico elaborou unha convocatoria con forte presenza de xogadores do filial e numerosos futbolistas galegos, reflexo do compromiso do club coa súa formación base e coa súa identidade, na procura de crear un XI con selo da casa e orgullo celeste. Orgullo celeste que tamén comparten os futbolistas cegados aos club, fortemente comprometidos con valores que o Celta transmite de xeración en xeración.
Na lista de convocados para este partido están: Iván Villar (1), Marc Vidal (25), Óscar Mingueza (3), Joseph Aidoo (4), Sergio Carreira (5), Ilaix Moriba (6), Fran Beltrán (8), Ferran Jutglà (9), Iago Aspas (10), Franco Cervi (11), Damián Rodríguez (14), Bryan Zaragoza (15), Miguel Román (16), Pablo Durán (18), Hugo Álvarez (23), Carlos Domínguez (24), Javi Rodríguez (32), Jones El-Abdellaoui (39), Joel López, Pablo Meixús, Pablo Gavián, Hugo Burcio, Ángel Arcos, Óscar Marcos e Hugo González.