O defensa David Costas será celeste ata o ano 2020 unha vez pechada a súa ampliación de contrato co Real Club Celta. O canteirán xogará esta tempada cedido no FC Barcelona B, da Segunda División, tras o acordo alcanzado co club catalán.
O Real Club Celta deséxalle o maior dos éxitos durante a súa cesión no conxunto blaugrana.