(2-5) Foi un partido marcado pola traxedia dos incendios que devastan Galicia, Asturias e Portugal. Impregnado pola dor e a rabia, pero tamén pola solidariedade e o orgullo. E foi un partido de fútbol intenso, no que o Celta arrasou en ataque e púxose cunha vantaxe de tres goles. Despois, incrible expulsión de Rubén , quen viu a vermella por despexar o balón… e cuarto tanto do equipo vigués. Aspas anotou o quinto, o seu terceiro esa noite. Goleada, vitoria, alegría e optimismo.
O Celta foi axustando a presión, entonándose, pouco e aos 16 minutos, tras unha longa combinación, Wass filtroulle o coiro a Emre Mor, quen cruzou coa zurda á rede. Pouco despois, Iago regateou cara á liña de fondo, rematou coa dereita e anotou o segundo tanto celeste.
Rubén desactivou despois os ataques rivais, en oleadas, con boas intervencións para que os célticos chegasen ao descanso coa xugosa vantaxe cosechada.
Trala reanudación, Chichizola evitou o segundo tanto de Iago Aspas, pero nada puido facer aos catro minutos. Gran saída á contra, xenial pase de Jozabed cara a Iago e golazo do canteirán.
E despois, polémica. Rubén saíu do área despexou o balón limpamente e o árbitro de forma incrible expulsou ao guardameta. Lóxicamente, a desgraciada xogada cambiou o partido e o cadro local envorcouse en ataque. Pero aflorou a afouteza. Gran contra e enorme remate de Tucu para anotar o cuarto. E pouco despois, o terceiro de Iago Aspas, ben asistido por Sisto. Vitolo marcou no 90 e Rémy no desconto
Goleada nunha noite especial. Gran vitoria dun Celta enorme.
2-UD Las Palmas: Chichizola, Míchel Macedo (Lemos, min.63), David García, Bigas, Borja (Vitolo, min.62), Aquilani, Hernán, Jonathan Viera, Momo (Rémy, min.46), Oussama e Calleri
5-RC Celta: Rubén, Jonny, Cabral, Sergi Gómez, Pablo Hernández (Radoja, min.79), Lobotka, Jozabed (Fontás, min.64), Wass, Emre Mor (Sergio min.55), Sisto e Aspas
Goles: 0-1, min.16: Emre Mor; 0-2, min.20: Iago Aspas; 0-3, min.49: Iago Aspas; 0-4, min.71: Tucu Hernández; 0-5, min.76: Iago Aspas; 1-5; min.90: Vitolo; 2-5, min.93: Rémy
Árbitro: Medié Jiménez, del comité catalán. Expulsó a Rubén con roja directa (min..51) y amonestó a Jozabed, Bigas, Aquilani
Campo: Estadio de Gran Canaria. Antes do comezo do partido guardouse un minuto de silencio en memoria das vítimas dos incendios.