Ao Celta escapóuselle o partido ante o Espanyol no primeiro tramo da primeira parte cun gol en fora en xogo e outro tras un erro na saída de balón que lle deron unha clara vantaxe ao cadro local. Iago Aspas tivo un par de claras ocasións antes do descanso que non puido aproveitar. Sisto recortou distancias a falta de 20 minutos para o final, pero o posterior acoso celeste non tivo reflexo no marcador.
Tras un par de intentos á contra, o Espanyol adiantouse aos 10 minutos cun tanto coa zurda de Gerard Moreno tras un claro fora de xogo non sinalado. Infortunio de novo para os celestes, que se vían de inmediato en desventaja cun tanto ilegal.
Aos 18 minutos, gran ocasión de Aspas tras un xenial pase de Sisto, pero o cabezazo do canteirán ante o meta saíu desviado. E pouco despois, perda de balón en defensa e gol de Piatti á contra. Aos 26 minutos, de novo Iago Aspas enviou alto ante Pau López tras un gran pase de Jozabed.
Tralo descanso, pouco ritmo e escasa ocasións. Sisto recortou a diferenza cun lanzamento potente desde a frontal. Quedaban 20 minutos por diante. O Celta foise cara arriba decidido e xerou numerosas chegadas para empatar.
FICHA TÉCNICA
2-RCD Espanyol: Pau López, Víctor Sánchez, David López, Hermoso, Aarón, Jurado, Darder (Diop, min.83), Javi Fuego (Roca, min.75), Piatt (Sergio García, min.62), Gerard Moreno e Baptistao.
1-RC Celta: Sergio, Hugo Mallo (Hjulsager, min.82), Cabral, Fontás, Jonny, Lobotka, Wass, Jozabed (Tucu Hernández, min.59), Iago Aspas, Sisto (Mor, min.72) e Maxi Gómez
Árbitro: Arbeloa Rojas, do comité castelán-manchego. Amonestou a Iago Aspas, Hugo Mallo, Javi Fuego, Maxi Gómez, Cabral.
Goles: 1-0, min.10: Moreno; 2-0, min.24: Piatti; 2-1, min.69: Sisto.
Campo: RCDE Stadium.