Os celestes viaxarán a Alxeria o 25 de xullo para participar na presentación oficial dos alxerinos
O Club Sportif Constantinois, conxunto da primeira división de Alxeria, será o primeiro rival de pretempada do RC Celta. O club vigués acudirá como convidado á presentación oficial do equipo alxerino ante os seus afeccionados, que terá lugar o venres 25 de xullo ás 23:00 (hora local) no estadio Chahid Mohamed Hamlaoui (Constantine, Alxeria).
Coincidindo coa finalización da concentración en Marbella, o primeiro equipo céltico desprazarase ao país africano para porse a proba nun partido por primeira vez desde que comezou a pretempada. En anos anteriores, outros recoñecidos conxuntos do fútbol europeo acudiron á cidade alxerina convidados polo CS Constantinois, como o RCD Espanyol en 2013 ou o OGZ Nice de Ligue 1 francesa en 2012.
O CS Constantinois, club cuxos orixes remóntanse ao ano 1898, conta nas súas vitrinas cun título de Liga e recentemente participou na Copa Confederación da CAF, equivalente á Europa League da UEFA. Nas súas filas destaca o porteiro Si Mohamed, convocado pola selección de Alxeria na Copa do Mundo 2014 de Brasil.
A expedición céltica voará de regreso a Vigo desde Constantine tras a finalización do partido.