O club agradécelle os seus anos como celeste e lle desexa o maior dos éxitos no seu futuro deportivo
O Real Club Celta e Dani Abalo chegaron hoxe a un acordo para a rescisión do contrato do xogador, que xa se desvinculou do club.
Dani Abalo chegou ao Real Club Celta como xuvenil e creceu como futbolista na Madroa ata debutar con tan só 19 anos no primeiro equipo. Foi no ano 2006, nun partido de Primeira División ante o RCD Mallorca. Durante a travesía do equipo pola Segunda División, o xogador arousán demostrou sempre unha entrega, profesionalidade e sentimento celtista que lle fixeron gañarse o agarimo de club e afección.
Por todo iso o Real Club Celta quere expresar o maior dos seus agradecementos a Dani Abalo, ademais de desexarlle o maior dos éxitos na súa nova etapa deportiva.