O RC Celta e David Costas alcanzaron hoxe un acordo para a rescisión do contrato do xogador,. O club quere agradecerlle ao canteirán a súa profesionalidade, entrega e compromiso durante as numerosas tempadas que permaneceu na entidade celeste desde o seu ingreso nas categorías inferiores.
O RC Celta quere ademais desexarlle moita sorte e éxito na súa nova etapa deportiva.