O lateral David Juncà permanecerá ao redor de tres semanas de baixa debido a unha rotura fibrilar de grao 1 no aductor medio da súa coxa dereita. O defensor celeste lesionouse durante o encontro ante o Real Madrid o pasado fin de semana.
Doutra banda, o dianteiro Iago Aspas foi sometido onte a novas probas que confirmaron unha boa evolución da súa re-rotura fibrilar no xemelgo interno da súa perna dereita. O canteirán reintegrarase progresivamente ao grupo nos próximos adestramentos.