É o momento de Brais Méndez, e é que o canteirán celeste acumula varias semanas consecutivas sendo protagonista. Desde o seu gol e asistencia ante o Eibar, o pasado 27 de outubro, Brais brillou en cada unha das súas participacións, tanto co RC Celta como agora na Selección Española. Gol ante o Betis, outra diana e pase de gol ante o Real Madrid, a chamada do seleccionador nacional… e debut goleador con ‘La Roja’.
O centrocampista galego entrou ao terreo de xogo no minuto 58, en substitución de Suso e con empate a ceros no marcador. Vinte minutos despois do seu debut, Brais anotou o único tanto do amigable, unha partida homenaxe ao ex céltico David Silva, e que supuxo a vitoria ante Bosnia. Iago Aspas, titular no anterior partido, non contou con minutos nesta ocasión.