O RC Celta pecha a tempada 2023/24 co tradicional póster do primeiro equipo para celebrar con todo o celtismo o punto e final da nosa tempada do Centenario. Unha imaxe moi especial que formará para sempre parte da nosa historia e na que aparecen todos os xogadores do primeiro equipo xunto co corpo técnico, Marco Garcés, Director de Fútbol, e Marián Mouriño, presidenta do RC Celta.
Poderás descargar o póster AQUÍ.