O RC Celta perdeu ante a Valencia (2-0) nun encontro no que xogou media hora cun home menos debido á intervención do VAR nunha xogada na que non houbo falta.
Pouco ou nada pasou na primeira metade. Os equipos tentaron facerse co control do balón sen éxito algún e o xogo transcorreu no centro do campo. O colexiado anulou de maneira correcta un gol a Wass por claro fóra de xogo.
A segunda parte ía polo mesmo camiño ata que o árbitro decidiu expulsar a Rubén Blanco por rozar, no mellor dos casos, os cordóns de Maxi Gómez fose da área. Nos últimos minutos o equipo local conseguiu os goles da vitoria.
FICHA TÉCNICA
2 – Valencia: Cillessen; Correia, Gabriel, Guillamón, Gayà; Racic (Vallejo, min 81), Carlos Soler; Wass, Kang In (Ferro, min 96), Blanco (Gameiro, min 71); Maxi Gómez
0 – RC Celta: Rubén; Mallo, Murillo, Araujo, Aarón; Tapia, Solari (Aidoo, min 80), Denis Suárez, Nolito (Beltrán, min 90); Santi Mina, Ferreyra (Villar, min 65)
Goles: 1-0 Vallejo, min 93; 2-0 Gameiro, min 97;
Árbitro: Pizarro Gómez. Amoestou a Kang In, Gaya (Valencia) e a Nolito, Mina, Tapia, Rubén (vermella) (RC Celta)
Campo: Mestalla