Primeiro Equipo

Dura derrota en Balaídos ante o Atlético (1-3)

RC Celta

Celta-Atletico_1-3.jpg

O Celta careceu de fortuna nun partido intenso e desputado

 

Partido igualado, no que o Celta dispuxo de bos minutos e de ocasións, pero non de fortuna. O Atlético marcou no primeiro minuto da segunda metade nun saque de esquina e máis tarde nunha chegada illada de rebote. Augusto recortou distancias a falta de sete minutos, abriuse a esperanza, pero unha nova xogada desgraciada propiciou o terceiro tanto branquivermello.

 

Ritmo e intensidade marcaron o inicio dun partido vital para o Real Club Celta. Os dous equipos entregáronse na presión e en saír con velocidade tras a recuperación. O Atlético de Madrid, algo máis incisivo no arranque, rematou nun par de ocasións sen demasiado perigo. Aos celestes custáballes zafarse das férreas marcas do rival, atopar espazos arriba.

 

Os locais foron asentándose, tocando, combinando e dominando e aos 15 minutos Courtois realizou unha parada enorme a un gran lanzamento de Krohn-Dehli.

 

O partido igualouse de novo nos seguintes mimutos, sen apenas ocasións. Os celestes apertaron de novo no tramo final, con boas combinacións e moita ambición, aínda que sen fortuna na área, como nun saque de esquina con varios rexeites na área pequena que non acabaron de favorecerlle. Augusto lanzou ao lateral da rede, moi preto do pau, tras unha boa xogada celeste.

 

Tras o descanso, pau,. Aos dous minutos, saque de esquina e cabezazo á rede de Diego Costa. Da nada, gol do Atlético, duro golpe para un Celta que tratou de reaccionar con caste e nos seguintes minutos meteu atrás ao seu rival, moi ordenado.

 

Aos 9 minutos, remate de Augusto, gran parada de Courtois e rexeite para Krohn-Dehli, quen cabeceou fóra. Gran ocasión desperdiciada.

 

O Celta non desistiu, aínda espíndose atrás, e mantivo a presión sobre un rival metido atrás e envorcado na contra. O Atlético volveu golpear aos 20 minutos con moita fortuna, toda a que lle falta ao equipo vigués, Juanfran recolleu un balón na frontal e o seu remate rebotó nun defensor celeste para acabar na rede. Inxusto.
Ese tanto derrubou aos célticos, que non merecían de ningunha maneira un resultado tan adverso. Aínda por riba de males, Mario Bermejo lesionouse ao pouco de ingresar no campo… Non era o día.

 

Arranxouse un tanto no tramon final, cun remate coa zurda de Augusto que a meta branquivermello non puido atrapar. O Celta tiraba de caste e coraxe, non baixaba os brazos. Tentouno até o final, pero unha nova xogada plena de desgraza acabou coa súa esperanza. Varios rexeites e todos para os rivais. Falcao acabou levando o coiro á rede. Dura derrota.

 

 

FICHA TÉCNICA

 

1-R.C.Celta: Javi Varas, Jonny (Mario Bermejo, min.64, De Lucas, min.76), Vila, Túñez, Roberto Lago, Oubiña, Natxo Insa, Augusto, Álex López (Orellana, min.53), Krohn-Dehli e Iago Aspas

 

3-At.Madrid: Courtois, Juanfran, Godín, Koke (Cebolla Rodríguez, min.74), Filipe Luis, Mario Suárez (Tiago, min.46), Miranda, Gabi, Adrián, Diego Costa (Arda, min.66) e Falcao

Goles: 0-1, min.47: Diego Costa; 02. min.65: Juanfran; 1-2, min.83: Augusto; 1-3, min.86: Falcao

Árbitro: Teixeira Vitienes, do comité cántabro. Amonestou a Álex López, Jonny, Roberto Lago, Mario Suárez, Godín, Gabi, Tiago

Campo: Balaídos, 23.375 espectadores

Foto: Diego Pérez

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas