O Celta caeu derrotado esta noite en Balaídos ante o Athletic Club de Bilbao. O equipo celeste saíu ao campo con intención de buscar o balón, mesmo contou cunha ocasión de Bongonda. Con todo as acometidas do Athletic á contra obrigaron a intervir a Sergio en dúas ocasións. O primeiro gol chegou tras un lanzamento de corner que rematou Raúl García.
Na segunda parte o Athletic fíxose co control do balón e gozou das mellores ocasións do partido. No minuto 49 de novo Raúl García anotou o segundo gol para o equipo vasco. Pola súa banda o Celta buscou sen éxito a portaría de Kepa. Froito dunha nova contra conducida por Iñigo Lekue e finalizada por Mikel Rico o Athletic sentenciou o partido co terceiro gol.
O club celeste finaliza a xornada 35 con 44 puntos e na undécima posición a falta de disputar o partido aprazado ante o Real Madrid.
0 -RC Celta: Sergio Álvarez, Fontàs, Marcelo Díaz, Bongonda, Beauvue, Lemos, Jozabed (Señé, min.78), Hjulsager (Guidetti, min.69), Wass (Pape, min.61), Sergi Gómez, Roncaglia.
3 –Athletic Club: Kepa, Laporte, San José, Beñat (Mikel Rico, min.77), Muniain (Aduriz, min. 83), Williams, Lekue, De Marcos, Raúl García (Iturraspe, min. 81), Balenziaga, Yeray
Goles: 0-1, min.34: Raúl García; 0-2, min.49: Raúl García; 0-3, min.82: Mikel Rico.
Árbitro: Fernández Borbalán, do comité andaluz. Amonestou a Fontàs y Laporte.