O RC Celta sumou un punto na súa visita ao Metropolitano fronte ao Atlético de Madrid, un empate a uns que se fraguou grazas a un penalti convertido por Iago Aspas para os celestes e un gol de Sorloth para os colchoneiros tras un encontro no que os locais xogaron con 10 durante 85 minutos.
O partido arrincou intenso cunha entrada de Barrios a Pablo Durán no minuto 5, que acabou coa expulsión do centrocampista branquivermello por vermella directa. O Celta aproveitou esta temperá inferioridade numérica para dominar o xogo e manter a iniciativa. Con todo, os de Giráldez non conseguiron bater a Oblak antes do descanso e fóronse a vestiarios sen cambios no luminoso.
Na segunda metade, os celestes continuaron presionando, e tras algúns axustes tácticos, lograron adiantarse no minuto 68, cando un penalti sobre Borja Iglesias abriría a lata. Iago Aspas non fallou desde os 11 metros e puxo ao Celta por diante. Co 0-1, os galegos seguiron insistindo en busca dese segundo gol que puidese sentenciase o encontro, pero non o conseguiron, e cando os tres puntos parecían viaxar a Vigo, o Atlético respondeu. No minuto 81, Sorloth aproveitou un pase longo de Giménez ás costas da defensa celeste para controlar o balón e, cun potente disparo, empatar o encontro.
Corrían os últimos minutos e o partido estaba aberto. O Atlético buscou aproveitar os balóns longos, mentres que o Celta tratou de explotar os espazos, pero o tempo acabouse con táboas no marcador.
Con este empate, o Celta suma un punto importante na súa visita a Madrid. Agora, os de Giráldez céntranse no seu próximo encontro na casa, que terá lugar o venres 21 de febreiro ás 21:00h fronte ao Osasuna.
FICHA TÉCNICA:
1- Atlético de Madrid: Oblak; Llorente, Giménez, Le Normand, Javi Galán (Reinildo, min.59); G. Simeone (Gallagher, min.78), Pablo Barrios, Rodrigo De Paul (Correa, min.78), Lino (Koke, min.10); Griezmann (Sorloth, min.78) e Julián Álvarez.
1- RC Celta: Guaita; Javi Rodríguez (Iglesias, min.46), Starfelt, Carlos Domínguez (Mingueza, min.37), Marcos Alonso, Sergio Carreira; Fran Beltrán (Iker Losada, min.46), Hugo Sotelo; Fer López (Iago Aspas, min.62), Williot Swedberg (Ilaix Moriba, min.72) e Pablo Durán.
Goles: 0-1, min.68: Iago Aspas (p); 1-1, min.81: Sorloth.
Árbitro: Martínez Munuera (Comité Valenciano). Amoestou con tarxeta amarela a De Paul (min.65), Lle Normand (min.67) e Giménez (min.68) por parte do Atlético de Madrid, e a Carlos Domínguez (min.31), Pablo Durán (min.47), Marcos Alonso (min.72), Iker Losada (min.80) e Borja Iglesias (min.90+2) por parte do RC Celta. Ademais expulsou con vermella directa ao xogador do Atlético de Madrid, Pablo Barrios (min.5).