O porteiro celeste Iván Villar xogará a tempada 2021/22 no CD Leganés tralo acordo alcanzado na xornada de hoxe por clubs e xogador. O canteirán, quen recientemente proclamouse subcampión olímpico coa Selección Española de Fútbol, chega ao equipo ‘pepinero’ cedido para a presente campaña.
O RC Celta quere desexarlle a Iván Villar moita sorte e un gran éxito nesta tempada que comezará nuns días.