Primeiro Equipo

Emotiva homenaxe sorpresa a Hugo Mallo na previa do Memorial Quinocho

RC Celta


O RC Celta e o celtismo aproveitaron a previa do Trofeo Memorial Quinocho para ofrecer unha homenaxe sorpresa ao capitán celeste Hugo Mallo, quen recentemente renovou o seu contrato co club vigués ata 2023. O tributo comezou coa proxección dun emocionante vídeo nos videomarcadores do estadio, no que se repasaban algúns dos momentos craves na carreira do canteirán.

Os sentimentos puxéronse a flor de pel coa aparición sobre o céspede de Manolo ‘Gran Capitán’, lendario futbolista celeste que fixo entrega a Mallo dun brazalete e unha camiseta conmemorativas. «Teño a pel de galiña», declarou o de Marín ante a afección do ABANCA Balaídos. «O soño continúa», sentenciou.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas