Primeiro Equipo

Entradas desde 15 e 20 euros ante o Real Betis

RC Celta

entradas110416

 

O Real Betis, decimosegundo clasificado con 37 puntos tras derrotar ao Levante a pasada xornada, visita Balaídos este sábado ás 22:05 horas. Os vigueses afrontan este encontro dispostos a sumar tres puntos craves que permitan dar un paso máis cara ao ilusionante regreso do club celeste a Europa, un obxectivo só alcanzable coa unión de equipo e afección. Faltan seis partidos para finalizar a tempada en Primeira División e o Celta ocupa unha posición privilexiada, quinto con 52 puntos, tras encadear catro xornadas sen coñecer a derrota. Un triunfo ante o Real Betis pode consolidar aos celestes na zona nobre da táboa e facer máis posible o soño europeo do celtismo.

 

O club recupera para este choque os prezos habituais desde a pasada tempada, con entradas desde 20€ para categoría ADULTO e desde 15€ para SUB-25. Os despachos de billetes do estadio permancerán abertas até o venres de 10 a 14 e de 17 a 20 horas e o sábado de 10 a 22 horas de maneira ininterrompida. Os billetes poden adquirirse en calquera momento do día a través da web www.celtavigo.org/taquillaCelta

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas