lastconvo
Primeiro Equipo

Equipo e afección, convocados para o Getafe CF – RC Celta!

RC Celta

O RC Celta visitará mañá, sábado 24 de maio, ás 21:00h, ao Getafe CF. Para esta xornada número 38 de Laliga EA Sports, que se disputará no Coliseum, Claudio Giráldez convocou a 24 dos seus xogadores.

A lista de convocados formarana Iván Villar (1), Vicente Guaita (13), Marc Vidal (26), Óscar Mingueza (3), Hugo Sotelo (4), Sergio Carreira (5), Ilaix Moriba (6), Borja Iglesias (7), Fran Beltrán (8), Iago Aspas (10), Franco Cervi (11), Alfon (12), Iker Losada (14), Pablo Durán (18), Williot Swedberg (19), Marcos Alonso (20), Mihailo Ristic (21), Hugo Álvarez (23), Carlos Domínguez (24), Damián Rodríguez (25), Fer López (28), Yoel Lago (29), Javi Rodríguez (32) e Miguel Román (34).

Serán baixa por lesión para este partido Carl Starfelt (2) e Jailson Marques (16).

O conxunto celeste desprazarase a Madrid ante un dos partidos máis ilusionantes dos últimos anos coa firme convicción de loitar ata o último minuto. E non estarán sós, o celtismo ao completo tamén está convocado para este último baile da tempada.

Imos a por todas, xuntos!

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas