Primeiro Equipo

Erros propios e un penalti inexistente condenan ao Celta no seu debut ligueiro (2-3)

RC Celta

iago_aspas_celta_real_sociedad_balaidos_liga_2017_2018.jpg

O Celta comezou a súa andaina na liga 2017/18 con polémica. Un partido que, en liñas xerais, estivo dominado polos celestes e no que polo menos puntuar parecía asegurado, volveuse en contra dos celestes. Co 2-2 no marcador o colexiado sinalou penalti nunha falta cometida fose da área. A Real non desaproveitou a oportunidade para levar o tres puntos. Maxi Gómez brillou no seu debut en partido oficial cun dobrete.

 

O Celta dominou o primeiro tempo case por completo. Os galegos foron un vendaval desde o asubío inicial e gozaron de numerosas ocasións para adiantarse no marcador que chegaron acompañadas dun fútbol vistoso. No minuto 22 Maxi Gómez estreou o marcador: Sisto centrou ao segundo pau, Wass peiteou o balón e o ‘killer’ céltico enviou ao fondo da rede.

E cando máis apuros pasaba a Real Sociedad… chegou o empate. Sergio fallou na saída de balón e Oyarzabal cazou o esférico para, cun remate de primeiros, marcar practicamente a porta baleira. De aí ao descanso Balaídos viviu os minutos de maior igualdade entre galegos e vascos na primeira parte.

 

O Celta seguiu levando a batuta ao comezo do segundo tempo, pero con menor contundencia. No minuto 50 Maxi marcou o 2-1 ao rematar de primeiras un balón solto na área rival. A alegría alagou Balaídos, que vivía unha gran estrea ligueira do seu equipo. Unzué deu entrada a refrescos desde o banco, entre eles outro debutante en partido oficial co Celta, Stanislav Lobotka.

 

A dez minutos para o final do choque Juanmi igualou o resultado. Cando o partido e o xogo xa morrían, o colexiado sinalou unha falta de Jonny fose da área como penalti. Willian José executou con precisión a pena máxima, ante a que Sergio nada puido facer. Os de Unzué mídense na próxima xornada ao Real Betis no Benito Villamarín (venres 25, 22:00 horas).

FICHA TÉCNICA

2-CELTA: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Fontàs, Jonny, Radoja, Jozabed (Lobotka, min.76), Wass, Iago Aspas, Sisto (Hjulsager, min.86), Maxi Gómez (Pablo Hdez. min.66).

1-R.SOCIEDAD: Rulli, Illarra, Xabi Prieto, Willian José, Aritz, Canales (Vela, min.57), Zurutuza, Oyarzabal, Odriozola (Juanmi, min.66), Rodrigues, Raúl Navas.

Goles: Maxi Gómez (min.22, 1-0); Oyarzabal (min.32, 1-1); Maxi Gómez (min.50, 2-1); Juanmi (min.80, 2-2); Willian José (2-3, min.87).

Árbitro: Mateu Lahoz, do comité valenciano. Amonestou a Maxi Gómez, Jonny e Hugo Mallo (Celta); Illarra (Real Sociedad).

Campo: Balaídos (16.961 espectadores).

Observaciones: antes do partido gardouse un minuto de silencio en memoria das vítimas dos recentes ataques terroristas en Cataluña, de Julio Mallado, ex delegado do Celta Bosco, e de José Manuel Roldán ‘Pepín’, inesquecible afeccionado celeste || Partido disputado cunha intensa calor que obrigou a deter o xogo en dúas ocasións para que os xogadores se rehidrataran.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas