Celta Media entrevista ao adestrador celeste Fran Escribá, unha charla na que o técnico se mostra ilusionado pero humilde de face aos obxectivos da tempada. “Aínda é pronto para empezar a facer un balance, pero as sensacións do equipo son boas. Completouse un plantel ilusionante”, comenta Escribá, quen tamén destaca “que haxa xente tan identificada” como un dos puntos fortes do vestiario. Aínda que comparte “a ilusión e a ambición da xente”, o adestrador valenciano subliña que “debemos partir da humildade”, algo “que nos fixo salvarnos o ano pasado e que fará que sexamos máis fortes neste”.