Primeiro Equipo

Espectacular remontada do Celta en inferioridade ante o Sporting de Braga

RC Celta

celta_braga_web_5914.jpg

Os celestes, con 10 desde o minuto 18, encaixaron de penalti e acabaron goleando (4-1)

 

O Celta goleou ao Sporting de Braga no partido de inauguración das reformas do Campo da Senra, de Ribadumia, co club anfitrión recentemente ascendido a Terceira. Os celestes quedaron con dez no minuto 18 e encaixaron de penalti pouco despois, pero realizaron unha espectacular remontada en inferioridade con dous goles Nolito, dous, Santi Mina e Charles.

 

A primeira chegada celeste foi ao seis minutos, cun bo cambio de xogo de Nolito cara a Santi Mina, cuxo centro foi despexado polo porteiro con Larrivey a piques de cabecear. O partido no tramo inicial era pausado, co ritmo propio do momento competitivo de ambos os equipos, coas ligas xa comezadas, aínda que con forza nos choques e balóns divididos.

 

Santi Mina lanzou desviado coa zurda desde a frontal tras un bo pase de Hugo Mallo nunha boa chegada celeste, aos 13 minutos de xogo. Aos 18 minutos, Cabral foi expulsado por derrubar a un contrario na frontal cando era o último defensa. Incomprensible nun amigable. Cinco minutos despois, os colexiados sinalou penalti a favor do Sporting por unha presunta derriba de Samu e Alan anotou para os portugueses.

 

Os celestes, cun menos, trataron de reporse -con Borja Fernández no posto de central- e aos 24 minutos Nolito rematou con perigo desde a frontal e o coiro acabo en saque de esquina. O andaluz igualou o choque aos 29 minutos cun gran lanzamento de falta desde o pico da área.

 

Costas entrou por Larrivey á media hora de xogo e tres minutos despois, Santi Mina foi derrubado na área. O penalti lanzouno Nolito para adiantar aos celestes. Alan rematou á madeira pouco despois nunha contra do conxunto luso.

 

O Celta, letal arriba, volveu marcar aos 39 minutos. Centro desde a dereita que Santi Mina rematou á rede no seu segundo intento. E o canteirán a punto estivo de repetir pouco despois, pero o seu remate foi desviado en última instancia por un defensor. Ao descanso, vantaxe cómoda para o Celta a pesar do dobre inconveniente da expulsión e o tanto inicial de penalti do Sporting de Braga.

 

Tras o descanso, no primeiro minuto, Pablo Hernández remato alto desde a frontal tras unha boa cabalgada e unha parede con Nolito. O andaluz rematou pouco despois tras desbordar cara a dentro, pero atrapou ben o porteiro portugués.

 

O Sporting de Braga fíxose co dominio do coiro tras ese par de boas chegadas celestes, pero sen xerar apenas inquietude na zaga viguesa.

 

No minuto 17, Nolito desbordou con calidade no centro do campo, meteulle un gran balón en profundidade cara a Charles, quen rematou de primeiras á madeira. O ariete recolleu o rexeite e anotou á media volta. Gran gol e un Celta demoledor arriba.

 

Aos 28 minutos, Santi Mina, na banda esquerda, recortou cara a dentro e rematou con rosca, pero o seu disparo foi ben atallado polo gardameta rival. Gran remontada cun menos.

 

FICHA TÉCNICA 

4-R.C.Celta: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Samu (Pablo Crespo, min.46), Borja Fernández, Pablo Hernández (Brais min.80), Santo Mina, Nolito (Pucheta, min.67), Charles (Pape, min.75) e Larrivey (Costas, min.30).

 

1-Sporting de Braga: Matheus (Kritciuk, min.63), Sasso (Pedro Santos, min.57), Tiago Gomes, Boly (André Pinto, min.63), Salvador, Luiz Carlos, Sami, Baiano (Didi, min.70), Custodio (Santos, min.57), Alan e Pardo.

 

Goles: 0-1, min.22: Alan, de penalti; 1.1, min.29: Nolito; 2-1, min.33: Nolito, de penalti; 3-1, min.39: Santi Mina; 4-1, min.62: Charles.

 

Árbitro: Óscar López Rodríguez, de Pontevedra. Expulsou con vermella directa a Cabral (min.18) e amonestou a Larrivey, Nolito, Costas, Sami.

 

Campo: A Senra. Antes do partido o capitán celeste entregoulle unha camiseta a cada un dos cinco fundadores do Ribadumia.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas