Primeiro Equipo

Espléndida xornada para o celtismo, con gran festa fóra de Balaídos e no céspede

RC Celta

celta_madrid_web_11514.jpg

O Celta venceu ao Real Madrid con dous goles de Charles para redondear a festa do 90 Aniversario

 

Festa completa en Balaídos. Desde as 12.00 do mediodía fose do estadio e desde as 19.00 horas dentro. A afección gozou coa festa do 90 aniversario no exterior, un gran éxito, e cunha gran vitoria ante o Real Madrid e os actos en Balaídos. Charles anotou os dous tantos celestes no espléndido triunfo céltico.

 

Dominio do Celta no arranque do partido, con maior posesión e verticalidad que un Madrid incapaz de facer dano arriba. Rafinha lanzou desde a frontal aos 19 minutos tras unha boa deixada de Charles e Diego López atrapou con seguridade. Pouco despois Nolito habilitou a Charles, quen cabeceou desviado.

 

Sergio apareceu, aos 35 minutos, co partido igualado, para desviar ben un remate de Isco desde a interior da área. Aos 42 minutos, Charles sorprendeu a Ramos, rouboulle o coiro, regateou a Diego López e anotou o primeiro tanto do partido cun certeiro remate.

 

Tras a continuación, o Madrid apertou de inicio con varias chegadas ben resoltas pola zaga celeste. Sergio desviou cunha gran parada un remate desde a frontal de Morata aos 6 minutos. O Celta respondeu con dúas rápidas contras con gran perigo, pero sen resolución adecuada. Aos 9 minutos, Diego Derrubou a Charles na área, pero o colexiado non sinalou nada. E xusto despois, Augusto tivo que retirarse en padiola por lesión e foi substituído por Álex López.

 

Aos 17 minutos, Charles, vivo, listo e rápido, anticipouse nunha cesión de Xabi Alonso, regateou unha vez máis a Diego López e marcou o segundo. A afección festexou con entusiasmo este tanto do celeste, a amplitude da vantaxe e o bo xogo vigués.

 

FICHA TÉCNICA

 

2-R.C.Celta: Sergio, Jonny, Cabral, Fontás, Aurtenetxe, Krohn-Dehli, Augusto (Álex López, min.57), Rafinha (Madinda, min.69), Orellana, Nolito e Charles (Mario Bermejo, min.65)

 

0-R.Madrid: Diego López, Arbeloa (Coentrao, min.56), Nacho, Sergio Ramos, Marcelo, Khedira (Illarra, min.56), Xabi Alonso, Casemiro (Willian José, min.67), Isco, Modric e Morata

 

Goles: 1-0, min.42: Charles; 2-0, min.63: Charles

 

Árbitro: Hernández Hernández, do comité de Las Palmas. Amonestó a Orellana, Cabral, Modric

 

Estadio: Balaídos, 27.703 espectadores. Antes do comezo do partido gardouse un minuto de silencio en memoria dos cinco nenos do CD Monterrubio falecidos en accidente de tráfico

 

Foto: Diego Pérez

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas