Despois de anos de crecemento e unha tempada de matrícula, o equipo iniciou hai unhas xornadas unha campaña ilusionante coa volta a Europa, un soño compartido. Así arranca o curso con os ánimos renovados, con ambición, e cun vestiario comprometido cos valores do club.
Á fronte dese vestiario estarán cinco futbolistas que representan traballo, carácter, compromiso, Afouteza e Corazón: Iago Aspas, Iván Villar, Fran Beltrán, Carl Starfelt e Borja Iglesias serán os capitáns do Celta esta tempada.
Eles serán os encargados de liderar ao equipo dentro e fóra do campo, nun curso esixente pero apaixonante. A súa experiencia e implicación serán clave para afrontar os retos que se presentan tanto en LaLiga como na UEL.