Primeiro Equipo

Excesivo castigo para o Celta no Bernabeu

RC Celta

real_madrid_celta_web_61214.jpg

Os celestes pagaron moi caros os seus erros e encaixaron o primeiro tanto por un penalti máis que dubidoso

 

O Celta recibiu un excesivo castigo no Bernabeu, onde caeu ante o líder. Os celestes pagaron moi caros os seus erros e encaixaron o primeiro tanto, o que rompeu o partido, por un penalti máis que dubidoso.

 

O Celta saíu valente na presión e na proposta. Esta decisión converteu os primeiros minutos do choque nun constate ida e volta, e nun bo espectáculo. O cadro local creou perigo nos primeiros 15 minutos á contra e a balón parado, dous das súas grandes virtudes, pero a zaga celeste respondeu con acerto.

 

O Celta chegou tamén con perigo en diversas ocasións exprimiendo o seu estilo. Moitos e veloces toques, aínda que sen acabar as xogadas do xeito adecuado. Cada perda, aínda que fose cerca do área rival, provocaba unha contra dos brancos, o seu principal argumento neste choque. Sergio desviou un remate de Cristiano na mellor chegada local na primeira media hora de xogo.

 

Aos 34 minutos, penalti inexistente de Jonny, amonestado, a Cristiano, que anotou desde os once metros para romper o partido.

 

O Celta empuxou nos minutos finais, pero sen acerto e o descanso chegou coa vantaxe mínima do conxunto branco.

 

Trala reanudación, boa chegada celeste con remate de rosca de Orellana que rozou o pau. Gran ocasión para un Celta que saíu decidido a buscar ao seu rival. O partido volveu converterse nun ida e volta, con opcións para ambos equipos.

 

O Madrid volveu marcar aos 19 minutos nunha xogada desafortunada para os celestes. Tras varios rexeites. O coiro caeulle a Cristiano nunha boa posición e o portugués bateu a Sergio.

 

Os vigueses, que perderon ao borde da media hora de xogo a Cabral por lesión, trataron de volver meterse no partido, aínda que sen claridade arriba e sufrindo as contras do conxunto local. E a falta de 10 minutos, erro na saída de balón, centro de Marcelo e gol de Cristián. Moito castigo para os celestes.

 

FICHA TÉCNICA

 

3-R.Madrid: Casillas, Carvajal, Pepe, Ramos, Marcelo, Kroos, Illarramendi, James (Arbeloa, min.52), Bale, Cristiano (Chicharito, min.84) e Benzema (Coentrao, min.79)

 

0-R.C.Celta: Sergio, Hugo Mallo, Cabral (Sergi Gómez, min.73), Fontás, Jonny, Radoja, Pablo Hernández, Krohn-Dehli, Orellana (Augusto, min.64), Nolito e Larrivey

 

Goles: 1-0, min.35: Cristiano, de penalti; 2-0, min.64: Cristiano; 3-0, min.80: Cristiano

 

Árbitro: Undiano Mallenco, do comité navarro. Amonestou a Cabral, Jonny, Pablo Hernández, James, Carvajal, Arbeloa e Illarramendi

 

Campo: Santiago Bernabeu 

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas