O RC Celta certificou o seu pase á seguinte rolda da Copa do Rey cunha contundente vitoria fronte ao Salamanca CF UDS no Helmántico (0-7). Os goles de Williot Swedberg, Hugo Sotelo, Pablo Durán, Tadeo Allende, Carlos Domínguez e un dobrete de Fer López asinaron unha xornada brillante para o conxunto celeste. Pese ao avultado resultado, o Salamanca CF UDS mostrou un bo xogo, corroborando a súa calidade como equipo.
O encontro comezou da mellor das maneiras para os locais: con recibimento e emoción polo partido que se ía a vivir en casa. Un bo ambiente que o Celta tamén gozou como propio pola volta a unha competición que lle gusta moito, unha competición ilusionante. Tanto foi así, que os celestes pouco tardaron en marcar. Sería Williot Swedberg quen, aos 5 minutos, aproveitaría un balón solto na área para abrir a lata.
O segundo chegaría pasada a media hora de partido e desde os 11 metros, cando Hugo Sotelo ampliou a vantaxe celeste transformando un penalti cometido sobre Pablo Durán. Un tanto significativo para o canteirán por ser a súa estrea como goleador co primeiro equipo.
Tras isto, e antes da saída a vestiarios, unha asistencia de Alfon na área permitiu a Pablo Durán marcar o 0-3, sumando así o seu segundo gol consecutivo en Copa.
Co inicio da segunda parte, os charros tentaron recortar distancias, buscando un gol que lles metese no partido. Varios paseos pola portería de Iván Villar facían crer que aquilo non era do todo desatinado, pero un inesperado tanto de Tadeo Allende, o segundo no que vai de competición, terminou por desbaratar os seus plans e tirar abaixo o castelo de naipes, xa que tras leste, non pararon de chegar os goles.
O seguinte en ver portería sería Carlos Domínguez, quen apenas catro minutos despois, cun remate de cabeza, marcaría o quinto, e tras leste, Fer López. O canteirán de 20 anos estreouse tamén como goleador co RC Celta, pechando a conta ao marcar o sexto e o sétimo gol celeste nos últimos compases do encontro.
Con isto, A débeda continúa…
Agora, o equipo céntrase en LALIGA EA SPORTS, onde volverá xogar este venres 6 de decembro ante o RCD Mallorca en Abanca Balaídos.