Fer López foi presentado en rolda de prensa tras facerse oficial o seu regreso ao Celta ata final de tempada. O canteirán, visiblemente emocionado, atendeu a todas as cuestións dos medios de comunicación acompañado de Marco Garcés, director de Fútbol, e de Sergio Álvarez, conselleiro da entidade celeste.
“Quería volver porque é aquí onde son feliz“, son as palabras coas que Fer López define o seu regreso a casa, unha volta moi desexada tanto por el como por toda a afección celeste, “quero volver a Abanca Balaídos e facer gozar ao celtismo estes seis meses como o fixeron ata o de agora“.
Non te perdas as súas declaracións completas!