Malas noticias para a enfermaría do RC Celta. Facundo Ferreyra tivo que retirarse lesionado ante o Sevilla tras recibir un cobadazo na cara no que o árbitro non sinalou infracción. O dianteiro arxentino sofre unha fractura nos ósos propios do nariz que xa foi reducida no vestiario. Pola súa banda, Santi Mina tamén se marchou lesionado e no seu caso sofre unha posible lesión muscular no sóleo da súa perna dereita. Nas próximas horas realizaránselle probas para determinar o alcance exacto.
Primeiro Equipo