firma lobete 26722

O dianteiro Julen Lobete súmase ao proxecto do RC Celta

RC Celta

O RC Celta incorpora ao seu proxecto deportivo ao dianteiro internacional Sub.-21 Julen Lobete, quen chega procedente da Real Sociedade. O dianteiro, de 21 anos, asina catro tempadas co cadro celeste, aínda que nas dúas primeiras inscribirase con ficha do filial.

Lobete atesoura experiencia nas tres primeiras categorías do fútbol español. Disputou mais de 40 partidos en Segunda B, En Segunda División xogou 23 partidos no filial donostiarra ás ordes de Xabi Alonso.

Tivo unha brillante aparición tamén co primeiro equipo, co que disputou 13 partidos, dous deles como titular, e anotou dous goles. Lobete é internacional Sub-21, selección coa que xogou cinco partidos e marcado tres goles, un deles no seu debut.

RC Celta

Etiquetas

Noticias recomendadas