Primeiro Equipo

Fontàs cumpriu ante a Real Sociedad 100 partidos en Primeira División

RC Celta

fontasanoeta1617.JPG

 

Andreu Fontàs sumou un centenar de partidos en Primeira División este domingo en Anoeta ante a Real Sociedade. O xogador catalán, de 27 anos, debutou na máxima categoría do fútbol español o 31 de Agosto de 2009 no Camp Nou defendendo a camiseta do FC Barcelona, club no que se formou, ante o Real Sporting. O defensor entrou no minuto 84 en substitución de Gerard Piqué.

 

“Xogar en Primeira era o meu soño de pequeno e chegar aos 100 partidos faime moi feliz”, asegura Fontàs. Do centenar de encontros, 83 disputounos co Celta, un dato que non se lle escapa ao defensor: “Considereime xogador de Primeira cando cheguei ao Celta. Xogara antes algúns partidos, pero non coa regularidade que tiven aquí”.

 

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas