O parte médico recolle outra importante novidade: o central Samuel podería recibir este venres a alta
O defensa celeste Andreu Fontás recibiu hoxe a alta médica tras completar unha nova sesión de traballo nas instalacións deportivas da Madroa. O defensor, que sufriu unha forte escordadura de nocello no último partido do ano, disputado o 22 de decembro ante Osasuna en Balaídos, estará, pois, dispoñible para o encontro deste sábado ante a Valencia (Balaídos, 18.00 horas).
Tamén se adestrou con normalidade o centrocampista Rafinha, quen onte non participou na sesión preparatoria por mor dunha gastroenterite.
O parte médico diario recolle outra importante novidade, o posible alta mañá do central Samuel, lesionado de gravidade -rotura do ligamento cruzado anterior e menisco interno do xeonllo dereito- durante o pasado mes de xullo.
Xoves 9 de xaneiro de 2014
SAMUEL
Diagnóstico: rotura do ligamento cruzado anterior e menisco interno do xeonllo dereito.
Tratamento: quirúrxico.
Observacións: intervención quirúrxica o 17/07/13. Posible alta mañá.
FONTÀS
Diagnóstico: escordadura grao II ligamento lateral externo nocello esquerdo.
Tratamento: médico e fisioterapia.
Observacións: ALTA.
RAFINHA
Diagnóstico: gastroenterite.
Tratamento: médico.
Observacións: ALTA.
DAVID COSTAS
Diagnóstico: bursite hombreiro esquerdo.
Tratamento: médico e fisioterapia.
Observacións: adestramento individual.