ESCUDO-1300x400-01
Primeiro Equipo

Forza e solidez para o futuro do RC Celta: Joseph Aidoo, ata 2026

RC Celta

O proxecto de futuro, e presente, do RC Celta segue cobrando forza, consistencia, solidez… nunca mellor dito. O central Jospeh Aidoo amplía a súa vinculación co club celeste ata xuño de 2026, o que garante a continuidade dun futbolista que mostrou unha gran evolución ata erigirse nunha peza crave na solidez defensiva do equipo.

Aidoo, de 26 anos de idade, disputou esta tempada 17 encontros cun rendemento extraordinario, e acumula xa 77 partidos co RC Celta desde a súa chegada na campaña 2019/2020. Suma tamén 10 encontros coa Selección absoluta de Ghana.

A renovación do defensor súmase ás realizadas recientemente pola entidade celeste doutros dous xóvenes valores, Fran Beltrán e o canteirán Carlos Domínguez, quen precisamente o pasado fin de semana formou xunto a Aidoo a sólida parella de centrais céltica na vitoria por dous goles a cero ante o Raio Vallecano.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas