FRAN BELTRÁN 16X9
Primeiro Equipo

Fran Beltrán entra no Top-5 de xogadores con máis partidos da historia do RC Celta

RC Celta

Fran Beltrán alcanzou un novo fito na súa carreira deportiva ao converterse nun dos cinco futbolistas con máis partidos disputados defendendo o escudo do RC Celta. Co encontro ante o UD Las Palmas, suma xa 221 participacións, un rexistro que o posiciona xunto con grandes nomes da historia celeste, só por detrás de lendas como Manolo O Gran Capitán (226), Mostovói (235), Hugo Mallo (309) e Iago Aspas (363).

Dende a súa chegada á cidade olívica, fai xa sete tempadas, Fran Beltrán sempre demostrou un gran compromiso e entrega, converténdose en referente e capitán do primeiro equipo. Agora, suma unha nova marca coa que agrandar a súa lenda e seguir facendo historia no RC Celta.

Parabéns, Fran!

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas