O centrocampista Fran Beltrán estará sobre dúas semanas de baixa debido a unha rotura fibrilar de grado 1 no músculo semitendinoso da perna dereita. O mediocentro celeste caeu lesionado durante un adestramento da Selección Sub-21, coa que foi citado por primeira vez.
O central mexicano Néstor Araújo someterase hoxe a unha ecografia que determinará o alcance exacto da súa lesión. O defensa sentiu molestias nos isquiotibiales da perna esquerda durante o encontró amistoso que xogou contra Arxentina.