ESCUDO-1300x400-01
Novas primeiro equipo

Fran Beltrán, Premio Estrella Galicia de novembro: “O noso desexo é que o celtismo estea orgulloso de nós”

RC Celta

Segundo recoñecemento consecutivo para Fran Beltrán. O centrocampista do RC Celta foi, como ocorreu en outubro, o gañador do premio Estrella Galicia, neste caso do mes de novembro, grazas aos votos da afección celeste. Beltrán expresou o seu agradecemento ao celtismo e a Estrella Galicia por este novo recoñecemento ao seu traballo e ao do equipo:

Indicou que “este premio chega grazas aos meus compañeiros que axudan no día a día. É un recoñecemento ao traballo diario e estou moi agradecido porque isto quere dicir que estou facendo as cousas ben”.

“Séntome ben, moi a gusto, e no campo vese reflectido. Teño que intentar seguir así e axudar aos meus compañeiros en todo o que poida e desexo que o celtismo estea orgulloso de nós e que consigamos moitas vitorias”, engadiu o medio centro celeste, quen expresou a súa alegría polo recente triunfo ante o Espanyol en Abanca Balaídos e o que esta vitoria apórtalle ao equipo e aos seguidores célticos: “Ao final, a afección sempre nos está apoiando e xa tiñamos que darlle unha alegría en casa, que é algo que nos estaba custando moito. Hai que gozalo e empezar o ano que entra do mellor xeito posible”.

Reiterou o seu agradecemento ao celtismo e a Estrella Galicia por “facer posible este premio e por todas as mostras de agarimo que recibo”.

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo

Noticias recomendadas