16-9 (1)
Novas primeiro equipo

Fran Beltrán, toda unha lenda celeste

RC Celta

Fran Beltrán alcanzou un novo fito na súa traxectoria como xogador do RC Celta ao entrar no Top-20 de xogadores con máis partidos disputados na historia do club, sumando un total de 245. Ademais, estas cifras sitúano no Top-4 de celestes con máis encontros en Laliga.

Desde a súa chegada ao club, o de Seseña encarnou á perfección os valores que enorgullecen á entidade celeste: traballo, humildade e compromiso. Uns valores que, na presente tempada, levárono a converterse nun dos capitáns do primeiro equipo do RC Celta.

Estes datos non só reflicten o seu rendemento deportivo ao longo destas 7 tempadas como celeste, senón tamén a súa implicación co club e a súa bonita conexión coa afección. Todo un capitán que día a día fai cada vez máis grande o seu legado.

Parabéns, Fran!

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas