Fran Beltrán debutou coa Selección Española Sub-21 na súa primeira convocatoria co combinado nacional. O centrocampista do RC Celta entrou no minuto 71 na vitoria 4-1 ante Dinamarca, encontro amigable no que tamén participou o canteirán celeste Pape Cheikh, agora nas filas do Olympique Lyon. O gardameta do Celta B e canteirán Iván Villar non gozou de minutos.