O adestrador do RC Celta, Fran Escribá, valorou positivamente o empate do equipo celeste ante o Leganés. “Oxalá sumásemos puntos como o de hoxe polo camiño. Dámolo por bo porque calquera punto vaiche a axudar a salvarche”, apuntou o técnico.
Sobre o encontro, o preparador valenciano comentou que o seu equipo foi en busca da vitoria até o final. “Medo a perder non tivemos. Non demos un paso atrás e nos cambios metemos todo o ofensivo que podiamos meter. Creo que o equipo tentou levar o partido co que puido”, indicou.
Ademais, agradeceu o apoio da afección desprazada a Butarque. “Temos unha cidade detrás, unha afección enorme. Por eles temos que deixarnos a vida”, asegurou.