O adestrador do RC Celta, Fran Escribá, valorou o partido dos seus ante o Atlético de Madrid. “Na primeira parte tivemos ocasións e na segunda tivemos control de xogo, pero en liñas xerais non demos a sensación dos últimos partidos”, apuntou ao termo do encontro. “A sensación que me queda é que con máis acerto poderiamos conseguir algo”, engadiu.
O preparador celeste destacou a importancia do próximo partido ante o Xirona. “Coa nosa casa, ante a nosa xente e co ambiente que se está xerando esperamos facer un gran encontro”. comentou.