Convocatoria: Sergio, Hugo Mallo, Costas, Araujo, Okay Yokuslu, Fran Beltrán, Maxi Gómez, Pione Sisto, Hoedt, Rubén, Lobotka, Juncà, Jensen, Boufal, Jozabed, Brais Méndez, Boudebouz e Apeh.
Sensacións: vin un grupo alegre, unido e convencido de que van sacar isto adiante. Son conscientes de que se cometeron erros polo camiño pero as sensacións foron moi positivas.
Cambios: o equipo téñoo máis ou menos claro, do mesmo xeito que a idea de partido. Como adestrador teño que ser coherente e é inevitable que teña que haber cambios. Os afeccionados van ver un equipo reconocible. Estou convencido de que a afección vai estar connosco e mañá necesitámolos. Quédannos seis partidos en casa e queremos facernos fortes aquí. O equipo vaise a deixar a vida nestes doce partidos.
Aspas: sendo moi importante para nós, o que me interesa é que se recupere pronto e estea perfecto para os próximos partidos. Queremos telos a todos, pero como adestrador non me angustian estas circunstancias.
Partido: espérome a un Betis que lle dá moita importancia á posesión, que acumula moita xente dentro. É un equipo que está feito para loitar por Europa e fixeron un gran investimento para iso.
Nivel: a recuperación de cada xogador a nivel individual vai partir do colectivo.
Xogo ofensivo: o primeiro que quero recuperar é o equilibrio, que non está rifado con atacar ben. Nós non queremos estar atrás metidos, pero vai haber circunstancia que o teremos que facer. O noso labor é saber xogar eses distintos tipos de momentos.
Rivais na clasificación: non fixen contas, pero a SD Huesca é un exemplo de actitude. É un equipo que compite todos os partidos, mesmo aqueles que vai perdendo.
Villarreal: xogar en Europa é un desgaste, aínda que é certo que se vai acompañado de vitorias suponlles unha melloría no apartado moral. Os equipos a nivel físico xa non se van a caer e todos os partidos van estar moi igualados.
Nivel físico: o equipo está ben e o traballo nese apartado foi moi bo.
Olaza: está ao nivel de calquera outro para xogar.
Portaría: teño tomada unha decisión