Fran Escribá e o seu corpo técnico non seguirán á fronte do banco do RC Celta. O club desexa transmitir o seu máis sincero agradecemento, tanto ao adestrador valenciano como aos seus colaboradores polo seu traballo, profesionalidade e esforzo demostrado durante a súa etapa no RC Celta. Para o recordo da familia celtista quedará a permanencia cultivada a pasada tempada no marco da Nosa Reconquista.
O RC Celta desexa a Fran Escribá e aos seus axudantes o maior dos éxitos no futuro, tanto no profesional como no persoal.