O adestrador do RC Celta, Fran Escribá, destacou o punto conseguido en Huesca como “valioso” despois de empatar a dez minutos do final. “O outro día gañamos un partido ao límite. Hoxe case ocorre o contrario. Aínda que o punto pareza pouco, os puntos da salvación sácanse en calquera campo”, sinalou.
O preparador celeste enxalzou o traballo dos seus xogadores no Alcoraz. “O equipo baleirouse, empatou un partido moi difícil. Aquí caeron rivais de moito nivel”, comentou Escribá.