O adestrador celeste Fran Escribá compareceu na sala de prensa do Sánchez Pizjuán tras o empate cultivado polo equipo celeste (1-1). O conxunto andaluz adiantouse no marcador no minuto 80, pero o RC Celta foi quen de reaccionar e apenas uns instantes despois Denis Suárez logrou o tanto do empate. Gran punto nun campo complicado.